Deputados do Parlamento de Galicia visitan as comunidades de montes

Por outra banda, a acumulación cada día dun maior número de requisitos e de complexas normativas, aumenta gastos e tempo, “Non se trata de que non teña que haber o necesario control, pero as cousas teñen que ter outra dinámica e responder ao sentido común”, denunciaron as comunidades.
Os deputados coñeceron o significado e a importancia dos proxectos de ordenación forestal e puideron apreciar a súa aplicación sobre o monte. Analizaron exemplos de contabilidade e o día a día da xestión económica dun monte veciñal.