Demostración de máquina peletizadora no monte
Xoves 1 de xuño ás 11:30 h terá lugar a demostración dunha máquina prototipo densificadora de pélets desenvolvida no marco do proxecto BIOTECFOR+ (www.biotecfor.com) no que participa como socia a Asociación Forestal de Galicia.
A demostración levarase a cabo no monte da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Xinzo, no concello de Ponteareas de acordo co seguinte programa:
11:30 Reunión no punto de encontro
11:45 Presentación do proxecto BIOTECFOR+
12:00 Explicación e preparación dos equipos e materiais
12:15 Inicio da demostración do proceso de fabricación
13:00 Clausura
As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse gratuitamente nas oficinas da Asociación Forestal de Galicia. O lugar exacto da demostración comunicarase con antelación a todos os inscritos.
O proxecto BIOTECFOR+ está financiado polo programa Interreg V España-Portugal (POCTEP), transcorre desde o 1 de xullo de 2022 ata o 30 de xuño de 2023 e ten como obxectivo principal a capitalización de solucións para a valorización de recursos forestais de Galicia e Norte de Portugal, abordando melloras tecnolóxicas como a que o 1 de xuño se vai presentar.