Cursos sobre xestión de comunidades de montes
A Asociación Forestal de Galicia, dentro do seu programa formativo para o verán e outono 2020 patrocinado por XERA, Axencia Galega da Industria Forestal, impartirá durante este mes de setembro en diferentes localidade galegas uns cursos sobre xestión de comunidades de montes veciñais en man común.
Estes cursos están dirixidos a membros de xuntas reitoras, persoas comuneiras, técnicos e xestores forestais e público interesado. O seu obxectivo é revisar os aspectos básicos de cara a mellorar o funcionamento, profesionalizar e optimizar a xestión de comunidades de montes, adquirir coñecementos actualizados acerca das obrigas ás que están supeditadas estas entidades e, deste xeito, avanzar cara a unha mellor xestión dos nosos montes.
Abordaranse as seguintes temáticas: a normativa que afecta aos montes veciñais, a fomalización, organización e administración dunha comunidade de montes, a xestión dos recursos e o réxime fiscal dos montes veciñais en man común.
A asistencia é gratuíta pero requírese inscrición previa nos teléfonos 981 564 011, 986 886 442, 618 752 214 ou no enderezo afg@asociacionforestal.org. Os grupos serán reducidos.
Celebraranse nos seguintes concellos:
Caldas de Reis, 4 de setembro de 16 a 21 h
Pazos de Borbén, 5 de setembro de 10 a 15 h
Vila de Cruces, 11 de setembro de 16 a 21 h
Salceda de Caselas, 12 de setembro de 10 a 15 h
Tui, 18 de setembro de 16 a 21 h
Vilaboa, 19 de setembro de 10 a 15 h APRAZADO ATA NOVO AVISO