COMPÁS.- Xornada final sobre herbivorismo pírico
O 20 e 21 de novembro terá lugar a xornada final do proxecto “COMPÁS, modelos de desenvolvemento rexional sobre herbivorismo pírico, unha ferramenta para a conservación ambiental e a fixación e protección da poboación”.
O día 20 terá lugar unha xornada teórica e o 21 unha visita ao monte para ver experiencias de herbivorismo pírico en Navarra, dacordo con este programa, pero as persoas que o desexen poden tamén asistir por videoconferencia á sesión do día 20.
Para poder asistir, tanto presencialmente como por Internet, é preciso inscribirse previamente a través deste formulario.
Lembramos que o herbivorismo pírico consiste na mellora de pastos realizada a través da queima controlada dunha masa arbustiva ou do sotobosque dunha masa arbórea seguida dun aproveitamento gandeiro dos rebrotes. Pódese acceder a máis información sobre esta práctica neste díptico e sobre as queimas prescritas neste video.
O proxecto COMPÁS está coordinado pola Universidade Pública de Navarra no que participan ademais a Asociación Forestal de Galicia (AFG), a Estación Experimental do Zaidín de Granada (CSIC), a Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación de Pastores polo Monte Mediterráneo.
COMPÁS conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
![]()

