Celebración do día da muller traballadora na AFG
A Asociación Forestal de Galicia, en colaboración co proxecto NaturSmart, celebrou o día da muller traballadora visibilizando o traballo das mulleres propietarias e xestoras forestais asociadas coa súa colaboración desinteresada e ao traballo especial de Celsa Sánchez que se encargou da elaboración das ilustracións e de Noelia Cortizo que fixo o deseño da acción de comunicación
A semana do 3 ao 7 de marzo foise publicando cada día unha fotografía xunto cunha reflexión, de cinco das persoas participantes. Publicáronse nas canles de Facebook, Instagram e LinkedIN. Sábado 4 de marzo publicouse un minivídeo con todas as achegas recibidas e as ilustracións preparadas por Celsa Sánchez.
Agardamos que esta iniciativa sexa continuada en anos vindeiros para visibilizar o traballo feminino nos montes galegos.
Pódese ver o vídeo recompilatorio neste enlace
NATUR-SMART conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.