Avaliación de técnica de reforestación tras incendio
No marco do proxecto LIFE Reforest no que está participando a Asociación Forestal de Galicia, estase realizando unha enquisa para avaliar a técnica desenvolvida por este proxecto para a reforestación despois dun incendio.
O obxectivo xeral deste proxecto, cofinanciado pola Comisión Europea a través do Programa LIFE é o desenvolvemento dunha nova técnica de mitigación post-incendio capaz de reducir la erosión e a perda de solo en zonas afectadas por incendios forestais.
A solución desenvolvida en LIFE REFOREST trátase dun sistema innovador baseado en micotecnosoles, unha combinación de residuos orgánicos estabilizados inoculados con fungos, contidos en mangas tubulares de material biodegradable.
Preténdense recuperar os principais parámetros funcionais dun solo queimado aos seus valores previos ao incendio (contido en materia orgánica, actividade microbiana, etc.), favorecer a retención de auga do solo, gracias á composición e actividade dos micotecnosoles e a rápida recuperación da cuberta vexetal e por último, minimizar a contaminación das masas de auga próximas á zona de incendio, como consecuencia das augas escorregadas e o arrastre de material en suspensión, cinzas e nutrientes.
Na actualidade este sistema estase validando en áreas afectadas por incendios forestais en Galicia e Portugal.
Posto que estas solucións resultan de especial relevancia para as entidades públicas competentes en materia forestal, compartimos esta enquisa a fin de valorar o impacto social e económico de implantar a solución LIFE Reforest na actividade forestal.
Pódese acceder á enquisa neste enlace.
Na páxina web do proxecto pódese atopar máis información: www.lifereforest.com
LIFE Reforest é un proxecto cofinanciado pola Unión Europea baixo o Programa LIFE 17 ENV/ES/000248.