Asembleas xerais da AFG en Mos
A Asociación Forestal de Galicia (AFG) convocou hai unhas semanas a súa XXXVIII Asemblea xeral que se vai celebrar no Centro Recreativo e Cultural de Torroso, no concello pontevedrés de Mos.
Ese mesmo día pola tarde está tamén convocada unha asemblea xeral extraordinaria para elixir á Xunta de Goberno que dirixirá a Asociación Forestal de Galicia durante os vindeiros catro anos.
O prazo de presentación de candidaturas ás elección abriuse, a instancias da Xunta de Goberno, o pasado 26 de marzo e rematou hoxe 16 de abril ás 12 h da mañá.
A Comisión Electoral proclamou ás 13 horas de hoxe á única candidatura presentada, encabezada polo actual presidente, Antonio Rigueiro Rodríguez. Aos efectos de publicidade, a relación cos nomes dos candidatos foi exposta nos taboleiros de anuncios das oficinas da AFG, tal como esixen as normas electorais. A maiores, a Comisión Electoral considerou acaído facer públicos tamén os nomes das persoas que integran a candidatura tamén a través da páxina web da AFG, que poden consultarse máis abaixo.
Animamos a todas as persoas e entidades asociadas á Asociación Forestal de Galicia a participar nas dúas asembleas o sábado 26 de abril e compartir xuntos este día de celebración.
Relación de persoas que integran a candidatura presentada ás eleccións á Xunta de Goberno da AFG do 26 de abril de 2025:
Presidente:
Antonio Rigueiro Rodríguez
Vicepresidente de Relacións Institucionais:
Juan Ramón Gallástegui Otero
Vicepresidenta de Montes Particulares:
María Belén Mantiñán Edreira
Vicepresidente de Montes Veciñais:
José Luis Campos Represas (C.M.V.M.C. de Xinzo-Ponteareas)
Vogais de Montes Particulares:
María Irene Díaz Martínez
Manuel Galdo Dopico (Asociación de Productores de Madeira de Viveiro-PROMAVI)
José Manuel Queijas Pallas
Vogais de Montes Veciñais:
Jesús Ángel Ferreño Naveira (C.M.V.M.C. de Castelo-Culleredo)
Uxío González Pérez (C.M.V.M.C. de San Xurxo de Saiáns-Vigo)
José Manuel Suárez Gamallo (C.M.V.M.C. de Saiar-Caldas de Reis)