A Xunta Reitora é o órgano de goberno, xestión dos montes e representación dunha comunidade de montes. É escollida por votación da Asemblea Xeral e por un período de anos establecido nos estatutos e que, en todo caso, non pode superar o límite regulado na normativa: 4 anos.
O número de compoñentes dunha Xunta Reitora será o que se estableza nos estatutos da respectiva comunidade pero, como mínimo, deberá contar con un presidente e 2 vogais, un con funcións de secretario e outro con funcións de tesoureiro. No caso de que a comunidade estea conformada por varios núcleos de poboación, é corrente que os estatutos asignen os vogais por barrios ou lugares, aínda que non é imprescindible que sexa así.
O presidente ostenta a representación legal da comunidade e, a iniciativa da Xunta Reitora, é o responsable de tramitar as convocatorias das xuntanzas da Asemblea Xeral. O secretario é o encargado das citacións, actas, correspondencia, certificacións, libros de actas e censo de comuneiros e, en xeral, de toda a documentación da comunidade. Por último, o tesoureiro é o encargado de controlar as xestións económicas.
Utilizamos tecnoloxías como cookies para mellorar o funcionamento da web e para recopilar estatísticas anónimas de uso. Al aceptar as cookies acepta voluntariamente o tratamento dos seus datos. Isto tamén inclúe, por un tempo limitado, o seu consentimento de acordo co artigo 49 (1) (a) GDPR para o procesamento de datos fóra do EEE, por exemplo, nos EE. UU. Nestes países, a pesar dunha coidadosa selección e obriga dos provedores de servizos, non se pode garantir o alto nivel europeo de protección de datos. Si os datos se transfieren aos EE. UU., existe, por exemplo, o risco das autoridades dos EE. UU. procesen estos datos con multas de control y supervisión sin que estén disponibles recursos legales efectivos o sin que puedan hacer valer todos los derechos del interesado. Pode revocar o seu consentimento en calquera momento.