Aberto o prazo de contratacións externas de traballos técnicos para o proxecto NaturSmart
Asistencias técnicas do proxecto NaturSmart. Folgoso do Courel e Piñor
Trátase de catro traballos técnicos que quere contratar a Asociación Forestal de Galicia con autónomos ou pemes para efectuar durante o ano 2025 sobre actividades a integrar no proxecto NaturSmart. Pódense presentar ofertas a todos ou a algúns deles. Na adxudicación vanse priorizar o reparto entre as ofertas recibidas (un encargo por empresa) e a igualdade de xénero.
O prazo para a presentación de ofertas é entre o 19/12/2024 ás 13:00 h e o 07/01/2025 ás 14:00 h
Pódese consultar a documentación relacionada con este expediente nos seguintes enlaces:
- Modelo presentación oferta asistencia a AFG (publicado o 19/12/2024)
- Condicións contractuais de asistencias externas AFG (publicado o 19/12/2024)
- Descrición de asistencia técnica externa subaccións 4.2, 7.1 e 7.2 (publicado o 19/12/2024)