No artigo 125 da Lei 7/2012, de montes de Galicia, estableceuse a obriga de reinvestir, de xeito xeral, un 40 % de todos os ingresos recibidos polas comunidades de montes para a conservación e mellora do monte veciñal.
Ademais, se eses ingresos proceden de aproveitamentos en monte queimados, a obriga de reinvestimento aumenta ata o 100 %, salvo que estivese cuberta a plantación queimada por un seguro que cubrise o risco de incendios, en cuxo caso, a porcentaxe a reinvestir volvería ser do 40 %.
O importe resultante debe ser investido, en primeiro lugar, na redacción do instrumento de ordenación. Unha vez redactado o instrumento de ordenación, o resto do importe a reinvestir pode destinarse á execución dos traballos planificados nese instrumento así como aos traballos extraordinarios, que non estivesen planificados, pero que fose necesario levar a cabo e contasen co visto bo da Administración forestal.
Paralelamente, todo o gasto soportado pola comunidade polos servizos de xestión técnica forestal e servizos de asesoramento, tales como o fiscal ou laboral, tamén poderán servir para reducir o compromiso de reinvestimento, co obxectivo de que esta medida incentive a profesionalización da xestión das comunidades de montes.
Por último, dentro dos gastos que se poderían incluír na partida de reinvestimentos atópanse os relacionados co deslinde.
Ata a entrada en vigor da lei de montes de Galicia, no ano 2012, correspondíalle á consellería competente en materia de montes afrontar a realización dos deslindes nos montes veciñais que, derivado dun deficiente proceso de clasificación no seu día, contan con numerosos erros.
A dificultade e complexidade de levar a cabo os deslindes provocou que fosen poucos os deslindes que se puideron rematar. A pesares desa dificultade (en moitos casos imposibilidade) de completar o deslinde, a redacción do artigo 125 da Lei 7/2012, de montes de Galicia, impón ás comunidades de montes a obriga de facelo.
Contémplase a posibilidade de que se reinvista unha porcentaxe inferior no caso de que os traballos consignados no instrumento de ordenación teñan un custo total menor á porcentaxe de reinvestimento que corresponda en función dos ingresos. Neste caso, as cotas de reinvestimento axustaríanse ao cadro de gastos do plan especial do instrumento de ordenación, cadro que debe cubrir os 9 anos seguintes ao da solicitude de redución polo que, no caso de contar cun instrumento de ordenación próximo ao seu vencemento, sería necesario facer unha proxección de traballos para cubrir ese horizonte temporal de 9 anos.
En canto ao prazo para aplicar a obriga de reinvestimento, estes deben levarse a cabo no propio exercicio ou nos catro seguintes, facendo coincidir acertadamente este prazo co existente no imposto sobre sociedades, de forma que un mesmo gasto poida servir para cumprir cos dous compromisos.
Existe, ademais, a posibilidade de que solicite un aumento do prazo de ser necesario, tal como se establece no artigo 125.5 da lei de montes de Galicia.
Este plan de investimentos plurianual debe ser aprobado en primeiro lugar pola Asemblea Xeral da comunidade e, posteriormente, pola Administración forestal.
Ao longo do primeiro semestre de cada ano é necesario comunicar tanto o compromiso asumido do exercicio anterior, en función dos ingresos obtidos, como as cantidades reinvestidas ao longo dese mesmo exercicio. De non facelo, a comunidade non poderá ser beneficiaria de axudas públicas mentres non corrixa esa situación.
Segundo ese mesmo artigo 125 da lei de montes, os ingresos sobrantes, unha vez aplicada a cota correspondente, poderanse investir, en todo ou en parte:
Utilizamos tecnoloxías como cookies para mellorar o funcionamento da web e para recopilar estatísticas anónimas de uso. Al aceptar as cookies acepta voluntariamente o tratamento dos seus datos. Isto tamén inclúe, por un tempo limitado, o seu consentimento de acordo co artigo 49 (1) (a) GDPR para o procesamento de datos fóra do EEE, por exemplo, nos EE. UU. Nestes países, a pesar dunha coidadosa selección e obriga dos provedores de servizos, non se pode garantir o alto nivel europeo de protección de datos. Si os datos se transfieren aos EE. UU., existe, por exemplo, o risco das autoridades dos EE. UU. procesen estos datos con multas de control y supervisión sin que estén disponibles recursos legales efectivos o sin que puedan hacer valer todos los derechos del interesado. Pode revocar o seu consentimento en calquera momento.