A Fundación Biodiversidade aproba o proxecto Natur-Smart no que participa a AFG
A Fundación Biodiversidad vén de aprobar o proxecto “Conservación da biodiversidade a través de modelos de xestión agroforestal integrais e a creación de redes de tecido asociativo: Natur-smart”, no que participa a Asociación Forestal de Galicia e será coordinado pola Confederación de Organizacións Selvicultores de España (COSE) e que recibirá unha axuda de 1.551.109,96 €.
O obxectivo xeral do proxecto é conservar e mobilizar os servizos ecosistémicos agroforestais mediante a creación dun modelo de xestión integral e sostible que aumente a biodiversidade, a resistencia e a resiliencia das masas agroforestais, active a bioeconomía rural desde unha perspectiva de xénero e cree tecido asociativo entre os axentes clave do territorio unindo a oferta coa demanda a través dunha rede dixital para fortalecer o mercado de bens e servizos que ofrecen os ecosistemas naturais.
Os obxectivos específicos son:
- Fomentar a bioeconomía das zonas piloto desde unha perspectiva de xénero a través da creación de modelos de xestión agroforestal integral.
- Incrementar a biodiversidade, resistencia e resiliencia dos ecosistemas agroforestais nas zonas piloto mediante a aplicación de modelos de xestión agroforestal integrais.
- Promocionar o emprego verde para mulleres, os modelos de xestión agroforestal integrais e os acordos de custodia, así como o tecido asociativo das zonas piloto mediante a creación dunha rede intelixente entre os territorios das zonas piloto.
- Asegurar a replicabilidade e transferibilidade do proxecto mediante o desenvolvemento dun espazo dixital en forma dun “market place”.
- Garantir o seguimento, avaliación e coordinación do proxecto dos axentes e da aplicación da perspectiva de xénero de maneira transversal.
- Difundir e promover a igualdade de xénero no uso dos modelos de xestión agroforestal integral.
ZONAS PILOTO
Para acadar estes obxectivos e ser replicables seleccionáronse cinco zonas piloto en áreas rurais de baixa poboación e especial interese ecolóxico: unha en Castilla-La Mancha, dúas en Castela e León e dúas en Galicia. As provincias para desenvolver las experiencias piloto son: Cuenca, Segovia, León, Lugo e Ourense:
– I. Situada no concello de Pozorrubielos de la Mancha, Cuenca, cunha poboación de 173 habitantes. A propiedade forma parte da Rede Natura 2000.
– II. Situada no concello de Torrecaballeros, Segovia, cunha poboación de 1 410 habitantes (2022). A propiedade es un monte protector.
– III. Situada no concello de Villamartín de Don Sancho, León, cunha poboación de 156 habitantes (2022). O monte está situado dentro da Rede Natura 2000 e nel medra un endemismo Quercus pauciradiata, unha especie en estado crítico de conservación.
– IV. Situada no concello de Folgoso do Courel, Lugo, cunha poboación de 985 habitantes (2022). Monte Veciñal en Man Común de Vilar. Este monte ardeu no verán de 2022, está dentro da Rede Natura 2000, nunha una zona de alto interese ecolóxico.
– V. Situada no concello de Piñor, Ourense, cunha poboación de 1 146 habitantes (2022). A zona piloto conta coa presenza do hábitat prioritario 91E0, Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Ameneirais galaico-portugueses), en el este y en el sueste del área piloto ligados ao regueiro Sabugueiro e ao Río Asneiros.
SOCIOS DO PROXECTO
Os socios do proxecto son: COSE (Confederación de Organizaciones de Selvicultores de España) como coordinadora; e xunto a ela a Universidade de Valladolid, a Universidade de Salamanca, a Asociación Forestal de Galicia, FAFCYLE (Federación de las Asociaciones Forestales de Castilla y León) e a Fundación Agroecosistema.
NATUR-SMART conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado poa Unión Europea – NextGenerationEU.