A feira Enerxética celebrarase entre o 3 e o 5 febreiro en Silleda
Tras o seu aprazamento en 2020 debido á situación derivada da COVID-19, a feira galega da enerxía celebrar a súa terceira edición do 3 ao 5 de febreiro, converténdose nun excelente espazo de interacción para empresas, profesionais e consumidores. Para iso, negocio, innovación, análise e divulgación son os eixos dun foro imprescindible ante o momento decisivo que vive o sector.
Na feira volven converxer todos os ámbitos e tipos de enerxía, desde convencionais e renovables ata eficiencia enerxética, mobilidade sostible, material e equipos para instalacións, electrónica industrial, iluminación, servizos ou formación. Neste sentido, a súa área expositiva conta con moitas das empresas máis destacadas do sector, as cales mostran o presente e o futuro do ámbito da enerxía, coas tecnoloxías máis avanzadas do mercado.
En canto ao seu programa, refórzase nesta nova edición, incidindo na vertente profesional pero incluíndo tamén propostas para o consumidor cun obxectivo formativo. Volven destacar as conferencias e xornadas técnicas, as cales son xa sinal de identidade do certame, abordando temas de máxima actualidade e interese. Ademais, inclúe presentacións, talleres, encontros sectoriais e, por primeira vez, o SIE – Salón da Innovación Enerxétika, un espazo para poñer en valor proxectos innovadores no ámbito da sustentabilidade, a eficiencia enerxética e as enerxías renovables.
Todo iso conforma un efectivo punto de encontro, o cal conta co respaldo dun destacado Comité Organizador encabezado pola Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta de Galicia.
Web: www.enerxetika.com