A Deputación Provincial da Coruña financia investimentos na oficina principal da AFG
A Deputación Provincial da Coruña, ven de concederlle unha axuda á Asociación Forestal de Galicia para a compra de varios investimentos en sistemas de procesado de información e en complementos para útiles de captación de imaxes, dentro do programa de subvencións dirixido ás entidades asociativas agrarias, labregas, gandeiras, forestais e asociación de cazadores da provincia da Coruña para a realización de investimentos durante o exercicio de 2023.
Esta axuda súmase a outras recibidas nos anos anteriores pola Deputación Provincial da Coruña que están permitindo á Asociación Forestal de Galicia poder ir renovando paulatinamente os equipos informáticos da súa sede principal en Santiago de Compostela, así como dotarse de medios máis seguros e eficientes que permiten mellorar a eficacia na atención ás persoas propietarias e xestoras forestais asociadas.
Asemade a Deputación financiou un ano máis numerosos traballos de silvicultura e prevención de incendios forestais a numerosas comunidades de montes veciñais en man común asociadas á Asociación Forestal de Galicia.