A Deputación da Coruña concede unha axuda á AFG para material informático
A Asociación Forestal de Galicia beneficiouse dunha axuda da Deputación Provincial da Coruña ao abeiro do programa de subvencións dirixido a entidades asociativas agrarias, labregas, gandeiras, forestais e asociacións de cazadores da provincia da Coruña para a realización de investimentos durante o ano 2022.
A AFG aproveitou para renovar parte do seu equipamento informático e dotarse dunha nova cámara fotográfica que permitise obter fotografías de alta calidade en gran formato e gravar video en 4 K.