A Asociación Forestal de Galicia publica dous videotitoriais sobre silvicultura
A Asociación Forestal de Galicia ven de publicar na súa canle de YouTube dous novos vídeos sobre silvicultura destinados ás persoas silvicultoras, técnicos, traballadores forestais e público en xeral interesado.
Os vídeos céntranse na plantación de frondosas caducifolias e na poda de castiñeiro parar froito e de cada un deles editáronse dúas versións, unha en galego e outra en castelán para ter unha maior difusión.
Os dous videotitoriais contaron coa promoción do Grupo INDITEX e o de poda de castiñeiro para froito foi feito en colaboración coa IXP Castaña de Galicia.
Pódese acceder aos 4 videotitoriais nos seguintes enlaces:
Plantación de frondosas en galego (4K)
Plantación de frondosas en castellano
Poda de castiñeiro para froito en galego (4K)
Poda de castaño para froito en castellano