A AFG entra a formar parte da Alianza Galega polo Clima
A AFG entrou recentemente a formar parte da Alianza Galega polo Clima, unha iniciativa que avoga por buscar medidas comúns e coordinadas que xeren sinerxias na acción climática en Galicia, da que forman parte entidades e organizacións dispostas a asumir un compromiso para avanzar na mellora do medio ambiente e para lograr os Obxectivos do Desenvolvemento Sustentable e a Axenda 2030.
Esta alianza pretende impulsar iniciativas de mellora nas prácticas medioambientais das organizacións, compartir boas prácticas e recoñecer publicamente a implicación coa mellora do medio ambiente.
O pasado martes 28 de outubro a Asociación Forestasl de Galicia tivo a ocasión de participar nunha das mesas redondas da III Conferencia das Partes da Alianza Galega polo Clima en Vigo, representada por Daniel Rodríguez Cebreiro, debatendo sobre a oportunidade que poden supoñer os créditos de carbono para Galicia, concretamente para as persoas propietarias e xestoras forestais que poden empregalos para financiamento das actividades silvícolas.

