Video do CIF de Lourizán sobre os traballos de mellora xenética contra o nematodo do piñeiro
O Centro de Investigación de Lourizán ven de publicar un video sobre os traballos desenvolvidos polo seu equipo na busca de variedades de piñeiro do país resistentes ao nematodo do piñeiro.
Neste vídeo explícase a causa da doenza e o traballo das persoas investigadoras do Centro para ir pouco a pouco seleccionando aqueles exemplares que amosan maior resistencia á doenza. Agora mesmo cóntase xa cunha selección de familias de piñeiro marítimo que presentan unha resistencia dun 78 %, un 25 % superior á do resto dos piñeiros avaliados. Pero séguense facendo ensaios para obter piñeiros cunha resistencia moito maior.
O vídeo está editado en galego, castelán e inglés e pódese visualizar na canle de YouTube do CIF de Lourizán ou directamente nestes enlaces: